Put me back into the employment | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Put me back into the employment

——————————–
Chipre 2014
———————————

Durante 10 días, alumnos/as do Conservatorio convivirán con 54 mozos de Europa (Chipre, Grecia, Italia, España, Letonia e Hungría) nunha residencia xuvenil para tratar temas sobre o desemprego xuvenil e como a Unión Europea pretende diminuílo.

As actividades diarias consistirán en dinámica de grupos, coñecerse os uns aos outros, actividades ao aire libre, debates, exposicións, visitas, así como noites culturais onde cada país presentará ao resto os seus costumes tradiconales en canto a música, gastronomía e danza.

Existen moitas ferramentas para reducir o desemprego. Neste proxecto analizaremos este problema dende a perspectiva de diferentes países europeos para encontrar problemas e solucións comúns. Tamén nos centraremos nas ferramentas dispoñibles actualmente e os camiños a adoptar para conseguir un emprego. Atenderemos os diferentes métodos que poden axudar os uns aos outros a reducir o desemprego xuvenil en Europa. Analizaremos a opción de traballar noutros países e, ademais, veremos as dificultades asociadas a esta opción. Teremos profesionais que falarán aos mozos sobre o desenvolvemento dun bo CV e como facelos aptos para traballar en Europa.

 Programas Internacionais