Programa Leonardo VETPro | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Programa Leonardo VETPro

O programa Leonardo da Vinci vai dirixido a atender as necesidades da ensinanza e aprendizaxe de todas as persoas implicadas na educación. En concreto, a modalidade VETPro (Vocational Education and Training Professionals) promove estancias e intercambios de profesionais da educación e formación profesional.

Nestes intercambios, os obxectivos principais son o coñecemento doutros sistemas educativos musicais europeos e unha posible comparación co propio e un aprendizaxe de novos recursos e materiais didácticos que enriquezan a labor dos docentes no seu traballo diario. Para lograr estes obxectivos nestes intercambios asisten a diferentes aulas e clases das materias correspondentes así como a concertos ou outras actividades do centro que se visita.

Dentro desta modalidade o conservatorio leva uns anos participando.