PROBAS DE ACCESO | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

GRAO ELEMENTAL: 

RESULTADOS das probas das probas de acceso ao 1º CURSO DE GRAO ELEMENTAL (admitidos e Lista de Espera)Pinchar aquí

Acto público de elección de prazas vacantes de 1º de grao elemental:

O alumnado que non acadara praza na especialidade pola que tivera optado no mes de xuño, e non resultase chamado pola súa lista de agarda, poderá optar ás prazas vacantes que resten noutras especialidades (se as houbera). A elección dunha destas prazas implica a renuncia automática á posición na lista de agarda na especialidade pola que optara en xuño. As prazas ofertadas sairan publicadas nos días previos ao acto.

O acto realizarase o xoves 12 de setembro, ás 20:00 horas no auditorio do centro.

 PRAZAS QUE SE VAN A OFERTAR:

ESPECIALIDADE PRAZAS
CONTRABAIXO 1
ICPRB* 1
VIOLA DE GAMBA 1
TOTAL 3

*Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e do Barroco.

Os aspirantes que acadasen unha destas prazas poderán recoller o sobre de matrícula na conserxería do centro e deberán formalizar a matrícula o venres, 13 de setembro, en horario de secretaría.

GRAO PROFESIONAL: 

Tribunais e inscritos no Grao Profesional (actualizado 14/06/2019)

                 Resultados das probas do luns 17 de xuño (admitidos e Lista de Espera): Pinchar aquí

                 Resultados das probas do martes 18 de xuño (admitidos e Lista de Espera): Pinchar aquí

                 Resultados das probas do mércores 20 de xuño (admitidos e Lista de Espera): Pinchar aquí

* Procederase a facer o chamamento de alumnado de listas de agarda, o día 11 de setembro. A matrícula para este alumnado admitido, deberán ser formalizada o día 12 de setembro.

 

–> Taboa coa oferta de vacantes e o número de inscritos por especialidade para o curso 2019-2020 (actualizado 14/06/2019) Ver aquí

 

 

 

— > TAMEN CHE PODE INTERESAR:

Información sobre o Grao Elemental: Pinchar aquí

Información sobre o Grao Profesional: Pinchar aquí

 

ACCESO A CURSOS DISTINTOS DE PRIMEIRO:

O PRAZO PARA SOLICITAR PROBA DE ACCESO A 2º, 3º, 4º DE GRAO ELEMENTAL E 2º, 3º, 4º, 5º, E 6º DE GRAO PROFESIONAL É DO 17 AO 28 DE XUÑO (EN HORARIO DE SECRETARÍA).

DE SER O CASO, AS PROBAS REALIZARÍANSE NA PRIMEIRA SEMANA DE SETEMBRO.

—— x———-

O período de inscrición da proba de acceso ao 1º curso das Ensinanzas Elementais e Profesionais de Música será do 2 de maio de 2019 ás 9 h. ao 10 de maio de 2019 ás 14:00h. A preinscripción realizarase de xeito online no enlace que figura máis abaixo (a partir do día 1). Pero ningunha inscrición será valida ata que sexa entregada na secretaría do centro xunto ca documentación requerida dentro do plazo (ata o 10 de maio ás 15 horas).

Enlace para inscrición nas probas de acceso: https://www.eoidigital.com/accesocmxunta/pontevedra/

–> Os alumnos do grao profesional deben realizar o pago das taxas da proba (34 € ordinaria, 17 € familia numerosa). Poderán recoller o impreso na conserxería do centro. Senon existe a opción de descargalo ou pagalo na páxina web de ATRIGA: Enlace

Titorial para o pago das taxas