PREZOS DA MATRÍCULA | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

LIQUIDACIÓN DE PREZOS PÚBLICOS: Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG. 17/06/2013) –>Enlace

CONCEPTO

Grao Elemental

Grao Profesional
Matrícula curso completo 137,00 € 232,00 €
Servicios xerais 13,00 € 13,00 €
Apertura de expediente académico 22,00 € (só alumnos novos) 22,00 € (só alumnos novos)

TOTAL

172,00 € 267,00 €

Enlace para obter o impreso de taxas:

Enlace á Axencia Tributaria de Galicia

Códigos para cubrir o modelo de taxas:

  • Consellería: 07-Educación, Universidade e Formación Profesional
  • Delegación: 40-Pontevedra
  • Servizo: 003-Ensino Medio
  • Taxa: 350700-Conservatorios de Música e Danza

 

O importe da matrícula será a suma dos conceptos de curso completo, servicios xerais e ,no caso de apertura de expediente no centro, o de Inscripción por 1ª vez.

Os alumnos poderán liquidar a  totalidade dos prezos públicos no momento de formalizar a matrícula, ou ben fraccionar o pagamento en dous prazos: 50% no momento de formalizar a matrícula e o resto durante o mes de xaneiro do ano seguinte. En todo caso, deberá indicarse no impreso correspondente a opción elixida. Só poderán ser fraccionadas as contías referidas ao concepto de matrícula.

A falta de pagamento do segundo prazo dos prezos públicos producirá automaticamente a anulación da matrícula en tódalas disciplinas e suporá a perda das cantidades correspondentes ó primeiro prazo dos prezos públicos.

MODALIDADES DE MATRÍCULA GRATUITA OU BONIFICADA:

  • Os beneficiarios de bolsas ou axudas ó estudio (Grao Profesional).
  • Por matrícula de honra (Grao Profesional).
  • Por ser familia numerosa.
  • Persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.
  • As vítimas de actos terroristas, así como os/as seus/súas cónxuxes e fillos/as.
  • Violencia de xénero
  • Funcionarios docentes (agás apertura de expediente e  servicios xerais).