NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS ENSAIOS CURSO 2017-2018 | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS ENSAIOS CURSO 2017-2018

DEPARTAMENTO DE PIANO ACOMPAÑANTE

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DOS ENSAIOS

  • Cada especialidade terá un ou dous pianistas asignados cos que deberá coordinar o reparto do traballo e a participación nas actividades que inclúan ós seus alumnos.
  • Para concertar ensaio deberase acudir a falar directamente co pianista acompañante. No caso dos alumnos minores de idade, recoméndase que o primeiro ensaio sexa concertado polo pai/nai ou titor do centro.
  • A duración dos ensaios será determinada polo pianista acompañante tendo en conta a dispoñibilidade, a duración e dificultade do repertorio e os recursos dispoñibles.
  • No caso do Grao Elemental, recoméndase que o profesor/titor coordine co pianista acompañante para agrupar ós alumnos e optimizar o servizo.
  • Para a participación nas audicións, concertos, recitais ou premios, os alumnos deberán realizar un mínimo de 3 ensaios cunha periodicidade semanal.
  • Debido á saturación do Servizo, non se permitirá solicitar máis dun ensaio semanal, salvo cando haxa dispoñibilidade e non prexudique ós demais alumnos.
  • Os ensaios poderán cambiar de hora e día dunha semana para outra en función da dispoñibilidade. É obrigación dos alumnos reservar espazo tódalas semanas. As faltas sen xustificar e sen notificación, implicarán a perda do dereito a reservar a mesma hora.

NORMAS PARA A ENTREGA DE PARTITURAS

  • O profesor/titor proporcionará o material ó pianista acompañante e coordinará con este o repertorio a traballar.
  • Non se aceptarán partituras entregadas fóra de prazo.
  • Entregarase o repertorio a traballar ó principio de curso. No caso de ser necesario habilítanse prazos de revisión do repertorio. Estes cambios deben ser aceptados polo pianista e non entorpecer o funcionamento do Servizo.
  • O profesor/titor remitirá ó pianista acompañante unha relación de alumnos no que se especifique: nome, curso e repertorio a traballar por trimestres. Esta relación de obras será remitida tamén ó Xefe de Departamento de Piano Acompañante, quedando así constancia da entrega das partituras en tempo e forma.
  • Período de entrega de partituras:

-26 de Outubro de 2017: Entrega da previsión para todo o curso.

-15 de Xaneiro de 2018: Fin do prazo para a revisión do repertorio.

-5 de Marzo de 2018: Fin do prazo de revisión para o terceiro trimestre.

 

 

PÉRDIDA DE AVALIACIÓN CONTINUA

Se o alumno quere dispoñer do Servizo, e se lle foi comunicada a perda de avaliación continua, deberá poñerse en contacto co titor e o pianista e seleccionar as obras de entre as traballadas durante o curso polo pianista cos alumnos da especialidade.

O prazo para solicitalo será de dous meses de antelación ó examen e o alumno deberá realizar un mínimo de tres ensaios con periodicidade semanal.

 

RECITAIS DE FIN DE GRAO

O alumno deberá notificar ó seu pianista acompañante ó final do segundo trimestre, data límite o 23 de marzo, a súa intención de realizar o recital de fin de grao. A data e hora da realización do mesmo será valorada entre o pianista, o titor e o alumno, para garantir unha mellor optimización dos recursos e evitar unha sobresaturación do pianista.

As obras a interpretar serán as traballadas durante o curso, xa se trate de obras completas ou movementos das mesmas.

 

PREMIO DE FIN DE GRAO

Os alumnos que queiran participar no Premio de Fin de Grao deberán comunicarllo ó seu pianista na primeira semana do mes de maio.

En ningún caso o pianista acompañante preparará novo repertorio para dita proba. Os alumnos deberán interpretar o mesmo repertorio traballado durante o curso (movementos ou obras completas), ou presentar o seu propio acompañamento.

Unha vez avaliados e rematado o período lectivo dos alumnos de 6º GP, terán prioridade para os ensaios os alumnos dos demáis cursos que aínda estean en período de avaliación/audicións. Os ensaios fóra do período lectivo dependerán da disponibilidade do pianista acompañante.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

As actividades que se realicen fóra do Centro e impliquen alumnos ou agrupacións e queiran dispoñer do Servizo de Piano Acompañante, deberán solicitalo ó Departamento e deberá ser unha actividade aprobada en Consello Escolar e comunicada á Directiva.

En todo caso requerirase a comunicación con antelación para a necesaria organización do Servizo. No caso dos alumnos polo menos un mes antes. No caso das agrupacións, o necesario para a preparación do repertorio e a realización de un mínimo de dous ensaios.