II Concurso de propostas da comunidade educativa | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

O Orzamento do CMUS Manuel Quiroga reservou neste exercicio de 2019 unha partida de 5.000 € para as propostas da comunidade educativa. Esta pode propor proxectos de investimento que serán avaliados pola Comisión Económica e, finalmente, votados no Consello Escolar.

Quen pode participar?

Todos os membros do Claustro, o PAS, o alumnado de Grao Profesional maior de 14 anos e os pais/nais/titores do alumnado dos graos Elemental e Profesional poden achegar propostas.

Cómo participar?

As propostas deberán ser entregadas na secretaría do centro usando o formulario anexo (tamén haberá copias na conserxaría do centro) xunto cunha copia do DNI e a documentación adicional que consideren oportuna. As propostas poderán ser apoiadas por varias persoas ou colectivos como, por exemplo, os departamentos.

Formulario de proposta (pdf)

Formulario en documento word

Prazos

O prazo de presentación de propostas será do 11 de abril ao 10 de maio de 2019 en horario de secretaría.