ACTO DE ELECCIÓN DE VACANTES DE 1º DE GRAO ELEMENTAL | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Acto público de elección de prazas de acceso que quedasen vacantes (segunda opción), por orde de cualificación dos aprobados en xuño, e que non acadasen praza na especialidade solicitada en primeira opción:

 

  • Día, xoves,  13 DE SETEMBRO de 2018 ás 20:00 horas

 

–>A ELECCIÓN DUNHA DESTAS PRAZAS IMPLICA A RENUNCIA AUTOMÁTICA Á POSICIÓN NA LISTA DE AGARDA NA ESPECIALIDADE POLA QUE OPTARA EN XUÑO.

ESPECIALIDADE PRAZAS
ACORDEÓN 2
CONTRABAIXO 1
FAGOTE 2
VIOLA DA GAMBA 2
   

TOTAL

7

 

 

Os aspirantes que acadasen unha destas prazas poderán recoller o sobre de matrícula na conserxería do centro e deberán formalizar a matrícula o venres, 14 de setembro, en horario de secretaría.