Informacións


O CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA MANUEL QUIROGA DE PONTEVEDRA PERMANECE ABERTO DE 9 A 22 HORAS.
HORARIO DE SECRETARÍA:
DE LUNS A VENRES DE 9 A 14 HORAS
MERCORES DE 16 A 19 HORAS
Teléfono: 986843133
Fax: 986844159
Email: cmus.pontevedra @ edu.xunta.es
CALENDARIO DO CENTRO
Períodos de vacacións:
1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2009 ata o día 7 de xaneiro de 2010, ambos os dous inclusive.
2. Semana Santa: desde o día 29 de marzo ao 5 de abril de 2010, ambos os dous inclusive.
3. Entroido: días 15, 16 e 17 de febreiro de 2010.
DÍAS NON LECTIVOS:
Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2009/2010 se celebrará o 8 de xaneiro de 2010.
Días non lectivos escollidos pola comunidade educativa do centro: o 2 de novembro de 2009 e o 30 de abril de 2010.
RENUNCIA DE MATRÍCULA CURSO 2009/10
A data límite para a solicitude de renuncia de matrícula este curso será o día 30 de novembro de 2009.
—————————-
Outras informacións:
Horarios Materias Colectivas Grao Elemental (pdf)
Horarios Materias Colectivas Grao Porfesional (pdf)
———————————–
NORMAS PARA PETICION DE ESTUDIO EN AULAS CON PIANOS DE COLA
1. Só poderán solicitalas os alumnos/as de 3º a 6º de grao medio.
2. As aulas que se poden solicitar este curso 2008/2009 son a 107 e a 110, en horario de mañán, ata as 16 h.
3. O tempo máximo de estudio por petición será de 2 horas seguidas. (Poderáse prolongar de non haber outra petición por parte doutro alumno/a)
NORMAS PARA PETICION DE ESTUDIO EN CABINAS
1. Poden solicitalas todos os alumnos/as do Centro no horario lectivo do mesmo. A solicitude realízase por parte do alumno/a en conserxería, onde cubre unha folla de control especificando o horario de entrada e de saída facéndose responsable da chave da cabina e do cuidado do material contido nela. Lembrar que queda absolutamente prohibido pecharse por dentro ou ausentarse sen motivo da cabina.
2. O tempo máximo de estudio será de unha hora. (Poderáse prolongar de non haber outra petición por parte doutro alumno/a)
3. Hai 24 cabinas: 8 na planta de acceso, 8 na 1ª e 8 na 2ª plantas. As cabinas con piano están na planta de acceso.


Como Director do Conservatorio Profesional de …