
Calendario do mes de setembro de 2011
Exames e matrícula.
Alumnado con materias pendentes de setembro.
-Exames extraordinarios: 1, 2 e 5, segundo o calendario publicado.
-Entrega de cualificacións: día 7 de 19:30 a 21:30 horas.
-Matrícula: días 7 a 9, ámbolos dous inclusive.
Alumnado de probas de acceso a outros cursos, agás primeiro curso.
-Probas de acceso: días 6 e 7, segundo o calendario publicado.
-Publicación de cualificacións: día 8.
-Matrícula de alumando admitido: días 8 e 9.
Admisión de matrículas vivas e chamamentos de listas de agarda.
-Unha vez tratadas nos órganos pertinentes, se resolverán as solicitudes de matrícula viva e se procederá a avisar ao alumnado admitido o día 13 de setembro.
-Procederase a facer chamamento de alumnado de listas de agarda, o día 13 de setembro.
-A matrícula para este alumnado admitido, deberán ser formalizada nos días 13 e 14.
Acto público de elección de prazas vacantes de 1º de grao elemental.
-O alumnado que non acadara praza na especialidade pola tivera optado no mes de xuño, e non resultase chamado pola lista de agarda, poderá optar ás prazas vacantes de novo acceso a 1º de grao elemental que resten, noutras especialidades. A elección dunha destas prazas implica a renuncia automática á posición na lista de agarda na especialidade pola que optara en xuño. O acto realizarase o día 14, ás 20:30 horas no auditorio do centro.
-A matrícula deste alumnado admitido deberá ser formalizada o día 15.
Listas provisionais e definitivas de alumnado
Publicación de listas provisionais e peticións de cambio de grupo.
- Día 12 a partir das 19 horas. Grupos non instrumentais dos graos elemental e profesional: linguaxe musical, educación auditiva e vocal, harmonía, análise, historia da música, novas tecnoloxías, materias de itinerarios. Prazo para peticións de cambio de grupo: do día 12, ata as 15 horas do día 14. As peticións de cambio de grupo deberán presentarse por escrito segundo a instancia modelo que se pode recoller no centro, aportando as xustificacións e documentación que proceda.
- Día 15, a partir das 17 horas, publicación das agrupacións de bandas, orquestras, coros e ensembles.
- Día 16, a partir das 17 horas, publicación dos grupos provisionais de conxunto e música de cámara. Prazo para petición de cambios de grupo, días 16 e 19.
Publicación de listas definitivas.
-Día 16, a partir das 19 horas. Grupos non instrumentais dos graos elemental e profesional: linguaxe musical, educación auditiva e vocal, harmonía, análise, historia da música, novas tecnoloxías, materias de itinerarios.
-Día 16, a partir das 19 horas, publicación da distribución do alumnado nas materias instrumentais de ráteo 1/1 e colectivas instrumentais no seu caso.
-Día 19, a partir das 19 horas, publicación dos grupos definitivos de conxunto, música de cámara.
Presentacións.
Publicación de horarios para as presentacións.
Publicación de horarios para as presentacións das clases instrumentais individuais e colectivas no seu caso: día 16, a partir das 19 horas.
Horarios das presentacións.
- Materias de orquestra, banda, coro e ensembles, o día 16 a partir das 19:30 horas.
- Materias das clases instrumentais individuais e colectivas no seu caso, para o grao elemental, o día 19, de 17 a 19 horas segundo o horario por cursos que se teña publicado o día 16.
-Materias das clases de conxunto de piano, o día 19 de 20 a 22 horas.
-Materias de conxunto (agás piano) e música de cámara, o día 20, de 17 a 19 horas.
- Materias das clases instrumentais individuais e colectivas no seu caso, para o grao profesional, o día 20, de 19:30 a 21:30 horas, segundo o horario por cursos que se teña publicado o día 16.
- Materias de piano complementario e repentización: o día 20, de 21:30 a 22 horas.
- As presentacións das materias colectivas non instrumentais, realizaranse na primeira clase ordinaria.
Nota Importante: Para a elección dos horarios seguiranse o criterios de prelación que se teñen aprobado e publicado. O alumando que non acoda as presentacións decaera no dereito de prelación que lle correspondese para elixir horario segundo o seu curso e idade. O alumnado pode ser representado para este acto por calquera titor ou persoa relacionada que asuma a representación.
Acto de acollida ao novo alumnado do centro.
Para dar a coñecer o funcionamento do centro ao alumnado de novo acceso e aos seus titores, realizarase unha exposición pública explicativa das características e normas de funcionamento do centro, así como dos aspectos xerais das ensinanzas regradas de música. Os asistentes poderán dirixir as preguntas que estimen. O acto realizarase o día 19, ás 19 horas no Auditorio do Conservatorio.
Inicio das actividades lectivas regulares: día 21 de setembro