ACCESO AO GRAO ELEMENTAL

Proba de acceso

O acceso ao grao elemental será a partir dunha proba na que se avaliarán a aptitude rítmica, auditiva, vocal e a psicomotricidade do alumno. Dita proba realizarase na segunda quincena do mes de xuño e só será válida para obter posto escolar no centro onde se realice.

Os aspirantes disporán dun máximo de dúas convocatorias para acceder a este curso.

Requisitos

O acceso ao grao elemental está limitado a rapaces de entre 8 e 14 anos cumpridos ou a cumprir no ano natural. Para realizar a proba é necesario realizar unha inscrición a principios do mes de maio e aportar o DNI ou documento de identificación fidedigno do alumno.

ACCESO AO GRAO PROFESIONAL

Proba de acceso

O acceso ao grao profesional será a partir dunha proba que constará de:

  • Interpretación de instrumento da especialidade á que opte.
  • Exercicio para avaliar os coñecementos teórico-prácticos da linguaxe musical.

Dita proba realizarase no mes de xuño e só dá dereito a matricularse no correspondente curso académico e no centro no que se realizou a proba de acceso.

Os aspirantes disporán dun máximo de dúas convocatorias para acceder a este curso e outras dúas convocatorias para acceder a outro curso distinto de primeiro.

Requisitos

Para acceder ao grao profesional non será preciso ter superado o grao elemental de música. Para realizar a proba é necesario realizar unha inscrición a principios do mes de maio para o que será preciso presentar:

  • Solicitude cumprimentada
  • Impreso de taxas pagado
  • DNI ou documento fidedigno de identidade.