Sergio Heredia Cegarra, Violín
Nado en Cartaxena en 1977 cursa grao elemental e medio de violín coa profesora Unnur Palsdottir nos Conservatorios de Cartaxena e Murcia. Trasládase a San Petersburgo ( Rusia) coa prestixiosa pedagoga Tatiana Liberova á Escola N.11 “Vasilievsky Ostrov” da devandita cidade para continuar coa mesma profesora na Lahden Muusikkiopisto de Lahti ( Finlandia). Cursa o grao superior no Conservatorio de Oviedo con Yuri Nasushkin en violín e Tsiala Kvernadze en música de cámara. Continúa despois a súa formación con Andrey Chesteglazov. Recibiu clases maxistrais de violinistas como Hector Corpus, Amaiak Durgarian, Jaap Schröder, Arcadi Futer, Nina Beilina, Alexander Melnikov, Alexei Bruni, Sergey Girshenko, Massimo Spadano, Yoko Takebe, Michael Gilbert entre outros. En 2003 consigue por concurso-oposición praza de profesor de violín da Xunta de Galicia. De 2005 a 2008 imparte estudos superiores de violín e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Foi profesor de violín nos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vigo, ademáis do Conservatorio Elemental de Cambados en 2006-07. Ofreceu numerosos recitais con piano e diversas formacións camerísticas. Colaborou con orquestras como a Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica Ciudad de Oviedo entre outras. En novembro de 2007 actúa coma solista coa obra “Piazzoltango” (2005) para violín e orquestra de vento de Néstor Alderete no Pazo da Cultura de Pontevedra coa Banda Municipal da devandita cidade baixo a dirección de Javier Viceiro.
sergioherediacegarra (@) edu.xunta.es
Born in 1977 began musical training at the age of nine with Unnur Palsdottir. Continued in the class of Tatiana Liberova in the Music School N.11 “Vasilievsky Ostrov” in Saint Petersburg ( Russian Federation) and in Lahden Musiikkiopisto (Finland). Entered Conservatorium of Oviedo ( Spain) studying violin with Yuri Nasushkin and chamber music with the prestigious pianist Tsiala Kvernadze. Further training with Andrey Chesteglazov ( concertmaster Spanish National Orchestra) in Madrid. Orchestral collaborations with Real Filharmonia de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica Ciudad de Oviedo… Masterclasses with A. Bruni ( concertmaster Russian Nacional Orchestra), S. Girshenko (concertmaster Saint Petersburg Philarmonic), Mark Lubotsky, A. Durgaryan and A. Futer ( principals of Moscow Virtuosi), Nina Beilina ( Mannes School), Jaap Schröder (Smithson Quartett), Mark Lubotsky… Numerous solo and chamber group performances. In 2007 played “Piazzoltango” of Nestor Alderete for violin and wind orchestra with Pontevedra City Band. From 2005 until 2008 taught violin, chamber music and orchestral repertoire in Conservatorium of Vigo ( Spain).


Como Director do Conservatorio Profesional de …
Deixa un comentario