“Sergio Heredia (violín) y Pablo Diago (piano), consumados y galardonados músicos, … nos ofrecieron un concierto de gran nivel, lindo de verdad, abordando magistralmente temas del mencionado compositor, y otros, donde el ¡bravo! de un público puesto en pie sonaba en ambas alas del claustro y se mecía acariciado por el fervoroso y prolongado aplauso de una audiencia entregada en este homenaje a Manuel Quiroga, en el 50 aniversario de su fallecimiento”. (tuigrafico.com)

Nado en Cartaxena en 1977 se forma con Unnur Palsdottir en Cartaxena e Murcia, coa prestixiosa pedagoga Tatiana Liberova en San Petersburgo (Rusia) e Lahti (Finlandia), con Yuri Nasushkin en Oviedo e con Andrev Chesteglazov en Madrid. Realiza ademáis a carreira de Música de Camara en Oviedo coa prestixiosa pianista Tsiala Kvernadze. Recibiu clases maxistrais de violinistas como Hector Corpus, Amaiak Durgarian, Jaap Schröder, Arcadi Futer, Nina Beilina, Alexander Melnikov,Alexei Bruni, Sergey Girshenko, Massimo Spadano, Michael Gilbert entre outros. En 2003 consegue por concurso-oposición praza de profesor de violín da Xunta de Galicia, sendo profesor de violín nos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vigo, ademáis do Conservatorio Elemental de Cambados no 2006-07. De De 2005 a 2008 imparte estudios superiores de violín e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Realizou numerosos recitais con obras tanto de violín só como con diversas formacions camerísticas. Grabou para a Radio Galega e para TVE. Ten colaborado como reforzo en orquestas como a Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica Cidade de Oviedo e como concertino da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra entre outras. Tocou como solista coa Banda de Pontevedra baixo a direción de Javier Viceiro.En 2011 é invitado a realizar un concerto homenaxe ao célebre violinista Manuel Quiroga polo cincuentenario do seu pasamento dentro do ciclo “Música no claustro” na catedral de Tui, interpretando obras de Manuel Quiroga, Ysaÿe, Bach, Kreisler e Sarasate.

“Unha nova noite chea de virtuosismo, forza e enerxía, en homenaxe a Manuel Quiroga”. (Música en el claustro)

sergioherediacegarra (@) edu.xunta.es

Web de Sergio Heredia