NORMAS PARA PETICIÓN DE ESTUDIO EN AULAS CON PIANOS DE COLA

1. Só poderán solicitalas os alumnos/as de 3º a 6º de grao medio.

2. As aulas que se poden solicitar este curso 2011/2012 son a 107 e a 110, en horario de mañán, ata as 16 h.

3. O tempo máximo de estudio por petición será de 2 horas seguidas. (Poderáse prolongar de non haber outra petición por parte doutro alumno/a)

 

NORMAS PARA PETICION DE ESTUDIO EN CABINAS

1. Poden solicitalas todos os alumnos/as do Centro no horario lectivo do mesmo. A solicitude realízase por parte do alumno/a en conserxería, onde cubre unha folla de control especificando o horario de entrada e de saída facéndose responsable da chave da cabina e do cuidado do material contido nela. Lembrar que queda absolutamente prohibido pecharse por dentro ou ausentarse sen motivo da cabina.

2. O tempo máximo de estudio será de unha hora. (Poderáse prolongar de non haber outra petición por parte doutro alumno/a)

3. Hai 24 cabinas: 8 na planta de acceso, 8 na 1ª e 8 na 2ª plantas. As cabinas con piano están na planta de acceso.