Nominación aos III Premios Redacción Médica á Sanidade Galega | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

O pasado xoves 28 de setembro, Sanitaria 2000, empresa editoria de Redacción Médica, celebra, coa colaboración de Oximesa e Roche, a entrega dos III Premios Redación Médica á Sanidade Galicia no Hotel Oca porta do Camiño en Santiago de Compostela.

O noso conservatorio atópase dentro dos 51 candidatos a estes premios repartidos en 12 categorías. A nosa nominación está dentro da categoría Acción en RSS e está motivada polo proxecto desenrolado en colaboración co Hospital de Montecelo “Un mes, un son”.

https://www.redaccionmedica.com/autonomias/galicia/51-candidatos-optan-a-los-iii-premios-redaccion-medica-a-sanidade-galicia-3042