ALUMNOS DO CENTRO

Todos os alumnos do centro deberán formalizar a matrícula, de xeito que:

1.- Os alumnos SEN MATERIAS PENDENTES: matricularanse en XUÑO nos seguintes prazos:

  • GRAO ELEMENTAL: do día 12 ao 16 de XUÑO
  • GRAO PROFESIONAL: do día 19 ao 22 de XUÑO

 

OS SOBRES DE MATRÍCULA PODERÁN RECOLLERSE NA CONSERXERÍA A PARTIR DO VENRES 9 DE XUÑO

*MATRÍCULA DE XUÑO: Información

*6º CURSO DE GRAO PROFESIONAL: Itinerarios e Optativas   

–> Resumo dos Itinerarios

–> Resumo das optativas

 

2.- Os alumnos CON MATERIAS PENDENTES:  matricularanse en SETEMBRO

  • Os EXAMES DE RECUPERACIÓN realizaranse na primeira semana de SETEMBRO (datas definitivas pendentes de confirmar)
  • A MATRÍCULA farase despois dos exames.

 

AVISO IMPORTANTE: CIRCULARES INFORMATIVAS, NOTIFICACIÓN DE AUSENCIAS DE PROFESORADO, INFORMACIÓNS VARIADAS…

Comunicámoslles que neste vindeiro curso 2017-2018, toda circular, información relativa ao funcionamento ordinario do centro, ausencias puntuais de profesores, etc, farase por medio do correo electrónico que se aporta no impreso de matrícula ou por medio da aplicación Tokapp. Pregamos, polo tanto, que comuniquen calquera incidencia ou cambio que se puidera dar no correo electrónico ou no teléfono no que teñan instalada o tokapp, xa que estes serán os únicos medios de comunicación da información a partir deste curso.