Instalacións | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Instalacións


O Conservatorio Manuel Quiroga é o herdeiro do histórico Conservatorio de Pontevedra, fundado en 1863, o que o converte nun dos máis veteranos ( se non o que máis) dos conservatorios deste  nivel actualmente en funcionamento en Galicia.
O centro constitúe un referente no ensino musical da cidade e mesmo da provincia.
Desde o ano 1992, o conservatorio intégrase dentro da rede pública de conservatorios de titularidade da Consellería de Educación, impartíndose os grados elemental e medio dos plan de estudios regulados no RD 268/1966 ata a súa extinción, e o regulado no 253/1993 en vixencia e os LOE/07 do 27 de setembro.
En canto á localización o cambio máis significativo, tense dado sen dúbida en setembro de 2004, cando o conservatorio abandona definitivamente o edificio da rúa Alfonso XIII no centro da cidade, para trasladarse ás novas instalacións na Avda. Juan Carlos I, no que nese momento era un barrio periférico, e agora vai sendo cada vez máis un espazo plenamente urbanizado dentro da cidade.
Isto fixo incrementar a nosa oferta educativa, o que tamén conlebou a un incremento constante do noso alumnado, desde os escasamente 400 alumnos do 2004 ós  máis de 500 dos que dispoñemos agora mesmo.
Incremento na plantilla de profesores (45 no curso 2004/5 fronte ós 61 do curso actual). Incremento das especialidades, ofertando tamén Música Antiga.

O edificio actual comprende un total de 3200 m2 aprox., distribuído en catro andares, ós que se suma aparcadoiro para 26 prazas e xardíns. O centro conta coas seguintes instalacións:

  1. 35 aulas de ensino instrumental.
  2. 8 aulas de ensino non instrumental
  3. 2 aulas de música de cámara.
  4. 1 aula polivalente.
  5. 1 aula de informática aplicada á música
  6. 20 cabinas de estudio
  7. 3 despachos
  8. 1 sala de secretaría
  9. 1 conserxería
  10. Sala de profesores
  11. Auditorio con máis de 200 localidades
  12. Biblioteca-fonoteca
  13. Cafetería
  14. Aseos, cuartos de limpeza
  15. Almacén xeral e cuartos de instalacións (no soto)

 

Especialidades ofertadas:

Acordeón, Canto, Contrabaixo, Clarinete, Clave, Fagote, Frauta de bico, Frauta traveseira, Guitarra, Instrumentos de corda pulsada do Renacemento e o Barroco, Óboe, Percusión, Piano, Saxofón, Trompa, Trompeta, Tuba, Trombón, Viola, Viola da Gamba, Violonchelo e Violín.