SETEMBRO 2017

Exames e matrícula

Alumnado con materias pendentes de setembro:

-Exames extraordinarios: 1 e 4 , segundo o calendario publicado.

-Entrega de cualificacións: día 5 de 19:00 a 20:00 horas.

-Matrícula: Grao elemental: 6 e 7. Grao Profesional: do 6 ao 8 (en horario de oficina).

Alumnado de probas de acceso a outros cursos, agás primeiro curso:

-Probas de acceso: días 6 e 7, segundo o calendario publicado.

-Publicación de cualificacións: Día 8

-Matrícula de alumnado admitido: días 8 e 11

Admisión de matrículas vivas e chamamentos de listas de agarda:

-Unha vez tratadas nos órganos pertinentes, se resolverán as solicitudes de matrícula viva no Consello Escolar do día 11, e se procederá a avisar ao alumnado o día 12.

-Procederase a facer chamamento de alumnado de listas de agarda, o día 12 de setembro.

-A matrícula para este alumnado admitido, deberán ser formalizada no día 13.

Acto público de elección de prazas vacantes de 1º de grao elemental:

-O alumnado que non acadara praza na especialidade pola que tivera optado no mes de xuño, e non resultase chamado pola lista de agarda, poderá optar ás prazas vacantes de novo acceso a 1º de grao elemental que resten, noutras especialidades. A elección dunha destas prazas implica a renuncia automática á posición na lista de agarda na especialidade pola que optara en xuño. O acto realizarase o día 13, ás 20:00 horas no auditorio do centro.

-A matrícula deste alumnado admitido deberá ser formalizada o día 14.

 

Reunión informativa para os alumnos de 4º curso de grao elemental:

-O alumnado matriculado no 4º curso de grao elemental poderá asistir a unha reunión informativa sobre ás probas de acceso ao grao profesional. A charla terá lugar o día 13, ás 19:00 horas no auditorio do centro.

Listas provisionais e definitivas de alumnado

Publicación de listas provisionais:

– Día 18 a partir das 19 horas. Grupos non instrumentais dos graos elemental e profesional: linguaxe musical, educación auditiva e vocal, harmonía, análise, historia da música, novas tecnoloxías, materias de itinerarios.  Prazo para peticións de cambio de grupo: desde o momento da publicación, ata as 14 horas do día 20. As peticións de cambio de grupo deberán presentarse por escrito segundo a instancia modelo que se pode recoller no centro, aportando as xustificacións e documentación que proceda.

– Día 18, a partir das 19 horas, publicación das agrupacións (bandas, orquestras, coros, ensembles, conxuntos e música de cámara).  Ábrese un prazo de peticións de cambios ata ás 14 horas do día 20.

Publicación de listas definitivas:

-Día 22, a partir das 19 horas.

– Grupos non instrumentais dos graos elemental e profesional: linguaxe musical, educación auditiva e vocal, harmonía, análise, historia da música, novas tecnoloxías, materias de itinerarios.

– Publicación da distribución do alumnado nas materias instrumentais de ráteo 1/1 e colectivas instrumentais no seu caso.

– Publicación dos cadros de dispoñibilidade do profesorado nas materias instrumentais de ráteo 1/1.

– Publicación dos grupos definitivos de conxunto, música de cámara, banda, orquestra, coros e ensembles. As agrupacións de Coro I e Coro II poderán sufrir modificacións nas dúas primeiras semanas do curso a criterio dos docentes responsables, por razón de mellor adecuación das voces.

Presentacións:

Horarios das presentacións:

– Materias das clases instrumentais individuais e colectivas no seu caso, para o grao elemental: o día 25, ás 17 horas segundo o horario por cursos.

– Materias de coro, orquestra, banda e ensembles : o día 25 ás 19h.

– Conxunto de piano: o día 25 ás 20:00 horas.

– Materias de conxunto (agás piano) e música de cámara: o día 26, ás 16 horas.

– Materias das clases instrumentais individuais, para o grao profesional e repentización de acordeón e guitarra: o día 26, ás 18 horas, segundo o horario por cursos.

– Materias de piano complementario e repentización de piano: o día 26, ás 20 horas.

– As presentacións das materias colectivas non instrumentais, realizaranse na primeira clase ordinaria.

Nota Importante: Para a elección dos horarios seguiranse o criterios de prelación que se teñen aprobado e publicado. O alumando que non acuda as presentacións decaera no dereito de prelación que lle correspondese para elixir horario segundo o seu curso e idade. O alumnado pode ser representado para este acto por calquera titor ou persoa relacionada que asuma a representación.

Acto de acollida ao novo alumnado do centro.

Para dar a coñecer o funcionamento do centro ao alumnado de novo acceso e aos seus titores, realizarase unha exposición pública explicativa das características e normas de funcionamento do centro, así como dos aspectos xerais das ensinanzas regradas de música. Os asistentes poderán dirixir as preguntas que estimen. O acto realizarase o día 15, ás 20 horas no Auditorio do Conservatorio.

Inicio das actividades lectivas regulares: martes 27 de setembro