HORARIOS CURSO 2017-2018 | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Os listados definitivos das materias de Linguaxe Musical, Educación Auditiva e Vocal, Harmonía, Novas Tecnoloxías, Historia da música, Análise, Itinerarios e Optativas están expostos nos taboleiros do centro a partir das 19 horas do 22 de setembro.

Tamén se publicarán os listados da distribución alumno-profesor dos instrumentos, así como os cadros de dispoñibilidade horaria dos mesmos.

Ademais dos listados de conxunto, música de cámara, así como os definitivos de bandas, orquestras, e demais agrupacións. Asimesmo sairán as asignacións dos profesores de piano complementario e repentización.

No seguinte enlace podedes consultar os horarios deste curso  –>  HORARIOS 2017/2018

 

LEMBRADE QUE AS PRESENTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DE HORARIOS INSTRUMENTAIS TERÁN LUGAR O LUNS 25 E O MARTES 26 DE SETEMBRO

 

SOLICITUDES DE CAMBIO de GRUPO

Para realizar calquera solicitude de cambio, debidamente xustificada, o prazo rematou o día 20 ás 14h

        IMPORTANTE: Criterios para os cambios de grupo

–> Modelo de solicitude

 

LISTADOS PROVISIONAIS

Os listados provisionais  sairon publicados nos taboleiros do centro o día 22 (ás 19 horas).