CONCERTO DO VOLUNTAS ENSEMBLE | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

Este xoves ás 19:30 h. o Voluntas Ensemble virá a compartir a súa música con nós.

Voluntas Ensemble da nome a un proxecto musical enfocado á interpretación con instrumentos modernos dun repertorio camerístico –tanto orixinais como transcripcións– que comprende un amplo abano de posibilidades estilísticas dende a producción de C. Ph. E. Bach ata os encargos e estreas de compositores dos nosos días. Esta óptica poliédrica permite polo tanto diversos orgánicos instrumentais mesturando instrumentos de vento e/ou corda tendo sempre no piano o seu eixo vertebrador. O proxecto do 2016 ofrece un acercamento ao repertorio para o Trío de Clarinete, Cello e Piano a través da interpretación da primeira obra orixinal escrita para esta formación, o Op. 11 de Beethoven, dunha adaptación feita por M. Glinka do seu Trío Patético e que xa fora editada na época (a versión orixinal é con fagot) e dunha estrea absoluta, o Trio for Clarinet, Cello and Piano do compositor galego afincado en New York, Octavio Vázquez.

O nome do ensemble é unha sorte de recoñecemento á Condesa Maria Wilhelmine von Thun und Hohenstein, dedicataria do Trío Op. 11 de L. van Beethoven, xa que etimolóxicamente, o nome Wilhelmine fai referencia ao termo vontade (voluntas en latín).

Programa Voluntas Ensemble

Concerto Voluntas Ensemble