NORMAS SOBRE A UTILIZACIÓN DE CABINAS DE ESTUDO CURSO 2015-2016

Dispoñibilidade e condicións de uso das cabinas de estudo (artigo 74)

  1. A utilización das cabinas de estudo está reservada en exclusiva ao alumnado matriculado no Conservatorio. Non obstante, o Secretario poderá autorizar o seu uso a persoas externas ao centro previa solicitude por escrito segundo o formulario disposto ao efecto na conserxería, e sempre sen que supoña detrimento do uso por parte do alumnado do centro.
  2. Con carácter excepcional e en razón de necesidades sobrevidas, a dirección do centro poderá autorizar o uso de cabinas para o desenvolvemento de actividades lectivas.
  3. As cabinas de estudo estarán dispoñibles de luns a venres entre as 9:00 e as 22:00 horas.
  4. Cada cabina poderá ser utilizada durante un máximo de dúas horas continuadas entre as 9:00 e as 16:00 e un máximo dunha hora continua, dende as 16:00 ata as 22:00. A ampliación do tempo está condicionada a que non exista demanda desa cabina por parte doutro usuario. Ao finalizar o período de uso, o alumno/a deberá poñerse en contacto co persoal de conserxaría para confirmar se é posible ou non continuar utilizando a cabina que acaba de ocupar. O alumnado de 6º terá preferencia para seguir estudando unha hora mais en horario de tarde, aínda que houbera lista de agarda, solicitando en conserxaría dita ampliación unha vez transcorrida a hora establecida.
  5. Salvo que exista causa debidamente xustificada e libremente apreciada polo órgano responsable, quen soliciten unha cabina de estudio e non fagan uso dela, terán a penalización que se prevé nestas normas.

 

Control do uso das cabinas de estudo (artigo 75)

  1. O control de entradas e saídas das cabinas de estudo está encomendado ao persoal de conserxaría, que será o responsable da entrega e recollida das correspondentes chaves. Os alumnos están obrigados a seguir as indicacións do devandito persoal.
  2. É responsabilidade de cada usuario controlar o tempo de uso dunha cabina. O persoal de Conserxaría non está obrigado a avisar do final de cada período de uso.
  3. No momento da entrega da chave dunha cabina, o persoal de conserxaría anotará o nome e apelidos do/a alumno/a (ou alumnos/as no caso de uso colectivo para ensaios de distintas agrupacións camerísticas), así como a hora de entrada na cabina na correspondente folla de rexistro. Non está autorizada a presenza nunha cabina de alumnos/as que non se rexistraran previamente en conserxería.
  4. Cada alumno é responsable de devolver persoalmente en Conserxaría a chave que lle foi entregada.
  5. Queda prohibido o intercambio de chaves e cabinas entre alumnos. Calquera intercambio que poidan acordar os alumnos deberá realizarse a través do persoal de conserxaría. En todo caso, os intercambios non poderán levar consigo a ampliación do tempo concedido a cada alumno nas cabinas inicialmente asignadas.
  6. Queda totalmente prohibido bloquear por dentro o acceso á cabina.

 

Obrigas dos usuarios das cabinas de estudo (artigo 76)

No uso de cabinas de estudo, os alumnos están obrigados a respectar as presentes normas. De modo particular, deberán:

  1. Seguir as indicacións do persoal de Conserxería
  2. Recoller e devolver persoalmente as chaves das cabinas.
  3. Coidar da boa orde e limpeza das cabinas e utilizar axeitadamente instrumentos e mobiliario.
  4. Comunicar ao persoal de Conserxaría as deficiencias ou danos que poidan observar nas cabinas, os instrumentos ou o mobiliario.

 

Penalizacións (artigo 77)

  1. O incumprimento das normas indicadas no apartado 74, puntos 4 e 5, e no apartado 75, puntos 3, 4, 5 e 6, será a seguinte:
  • A primeira vez: prohibición do uso das cabinas durante unha semana.
  • A segunda vez: prohibición do uso das cabinas durante dúas semanas.
  • A terceira vez: prohibición do uso das cabinas durante un mes.
  • No caso de condutas reincidentes trasladarase á dirección a proposta de apertura de procedemento disciplinarioFacer un uso indebido das cabinas, os seus instrumentos ou o seu mobiliario, que poña en risco ou cause dano a estes, dará lugar ás penalizacións indicadas anteriormente, ademais o pagamento do custo das reparacións que for necesario realizar.