AVISO LEGAL | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

AVISO LEGAL

Obxectivos
A páxina web do CMUS Profesional Manuel Quiroga “conservatoriomanuelquiroga.com” ten como obxectivo ofrecer á comunidade educativa e, en xeral, aos usuarios/as de internet que a visiten, información de carácter académico e institucional, así como promocionar e difundir as actividades organizadas polo centro cun fin informativo, educativo e sen ánimo de lucro. O CMUS Profesional Manuel Quiroga é un centro educativo de titularidade pública, dependente da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Propiedade intelectual
O material publicado na páxina web está protexido polos dereitos de autor, sendo propiedade do/s seu/s correspondente/s autor/es.
Queda prohibida a difusión total ou parcial do material publicado na páxina web do Conservatorio noutros medios que non sexan as canles oficiais de comunicación do Conservatorio sen a correspondente autorización.
Enténdese por canle oficial, ademais da páxina web do Conservatorio, aquelas páxinas ou servizos ofrecidos por terceiros para a difusión de contidos audiovisuais, sonoros, gráficos e/ou textuais nos que o Conservatorio se rexistrou. O usuario/a terá acceso ás devanditas canles dende a web do CMUS. Son canles oficiais as direccións facebook.com/cmusmquiroga, twitter.com/cmusmquiroga e youtube.com/channel/UCCOWEqzml9lxygYexDj1HRg

Sobre a publicación de imaxes
A publicación de fotografías e vídeos na páxina web “conservatoriomanuelquiroga.com” ten unha finalidade informativa, educativa e non comercial.

A publicación destes materiais realízase co consentimento por escrito dos titores/as legais dos alumnos/as menores de idade, efectuado no momento da Matrícula. Este consentimento pode ser retirado en calquera momento previa comunicación por escrito ao Conservatorio.

Exención de responsabilidade
O CMUS non garantiza a inexistencia de erros no acceso á páxina web ou no seu contido. A información publicada ten carácter ilustrativo e non orixinará dereitos nin expectativas de dereitos.

O Conservatorio pode realizar modificacións ou actualizacións sen previo aviso.

O Conservatorio declina toda responsabilidade sobre os contidos enlazados a páxinas web externas así como sobre a información ou material proporcionado por terceiros.

O Conservatorio non se responsabiliza das opinións expresadas na páxina web, redes sociais e outros foros da rede internet.

Privacidade de datos
Cando un usuario/a envía un email a algún dos enderezos de correo electrónico indicados nesta páxina web está a facilitar un nome persoal e un enderezo electrónico. Dita información só se empregará para poder contactar co usuario/a en relación co obxecto da consulta e non con outros fins.

O Conservatorio poderá habilitar na web formularios de inscrición a actividades ou mesmo formularios de contacto co centro. A información recompilada non será empregada con outros fins que os expostos para a correspondente actividade.

Aloxamento
A páxina web “conservatoriomanuelquiroga.com” está aloxada no servidor “hostmonster.com”, responsable de garantir o correcto funcionamento da mesma.

Administración
A páxina web está a ser actualizada polo Equipo de Dinamización das TIC e a Secretaría do Conservatorio.

Cláusula final
O Conservatorio non se fai responsable do uso inadecuado ou irresponsable que o usuario/a poida efectuar dos contidos publicados na páxina web.

Enténdese que o usuario/a que visita a páxina web acepta os presentes termos e condicións na súa totalidade.