Apertura de novas prazas vacantes de viola | CMUS Manuel Quiroga, Pontevedra

LISTA DE ESPERA DE GRAO ELEMENTAL: NOVAS PRAZAS

Debido ao recente nomeamento dun novo profesor de viola, o centro dispón de 4 novas prazas para esta especialidade.

O alumnado que non acadara praza na especialidade pola que tivera optado no mes de xuño, e non resultase chamado pola lista de agarda en setembro, poderá optar a unha das 4 prazas vacantes de novo acceso a 1º curso de grao elemental na especialidade de VIOLA.

Todo aquel que esté interesado ten que solicitalo mediante email ou escrito no que consten os datos do/a alumno/a antes do venres 6 de outubro (ata as 14 horas).

A adxudicación destas prazas farase segundo a nota acadada na proba xa realizada en xuño; e farase pública o luns 6 de outubro pola mañá. Ese mesmo luns pola tarde terá lugar unha reunión co profesor de Viola para o reparto de horarios.