Información de interese para o alumnado

Xa está a disposición de todos a versión 4.0 do programa LenMus, ferramenta para Linguaxe musical. Esta nova versión está dispoñible en galego. Pincha para descargar

Concurso Acordes Caja Madrid 2009, Concurso para xoves orquestras, Bandas e Grupos de Cámara.

A Banda de Música de Pontevedra BMP fíxonos chegar dúas iniciativas que consisten en:

  • 1. Concurso – Audición “Músicos de Futuro” para menores de 16 anos nas especialidades de vento metal, vento madeira e percusión. O premio consistirá en unha bolsa de 200 € en material donado por Musical Pontevedra e un concerto de solista coa banda. Concurso Banda de Pontevedra (273)
  • 2. A segunda das iniciativas é ofertar algunhas plazas da súa plantilla que serán cubertas mediante probas selectivas. Probas para a banda de Música de Pontevedra (360)

Por último, o Concello de Ortigueira convoca un concurso para xóvenes intérpretes nas modalidades de Guitarra, piano, corda, vento metal e vento madeira. O prazo é de 27 de xaneiro ó 8 de marzo.  O que estea interesado pode solicitar as bases ao Vicedirector: vicedireccion @ conservatoriomanuelquiroga.com