Co gallo da celebración do concerto e Acto de Graduación dos nosos alumnos de 6º curso de grao profesional, o vindeiro martes 16 de maio suspenderanse as clases a partir das 19h para facilitar a asistencia ao mesmo de todos os membros da comunidade educativa (alumnos, profesores e persoal de administración e servizo) que así o desexe.

O concerto terá lugar no Pazo de Congresos ás 20 horas.