
NORMAS XERAIS
A elección do horario individual farase dentro do mesmo curso por idade (empezando polos menores) e dentro da mesma idade segundo a letra establecida administrativamente para o ano 2011 (letra “L”).
| 1º. De 1º a 4º de Grao Elemental (por curso e idade) |
| 2º. 6º de Grao Profesional (por idade) |
| 3º. De 1º a 5º de Grao Profesional (por curso e idade) |
Se hai un grupo con membros de distinto curso, elixirán polo curso máis baixo (ex: un grupo con membros de 1º e 2º, elixirán como grupo de 1º).
Dentro do mesmo curso, por idade (empezando polos menores) e dentro da mesma idade segundo a letra establecida administrativamente para o ano 2011 (letra “L”).
Nos grupos, escollerá antes o que teña o membro de menor idade.
DÍAS E HORAS DAS PRESENTACIÓNS
Calendario do mes de setembro de 2011
Exames e matrícula.
Alumnado con materias pendentes de setembro.
-Exames extraordinarios: 1, 2 e 5, segundo o calendario publicado.
-Entrega de cualificacións: día 7 de 19:30 a 21:30 horas.
-Matrícula: días 7 a 9, ámbolos dous inclusive.
Alumnado de probas de acceso a outros cursos, agás primeiro curso.
-Probas de acceso: días 6 e 7, segundo o calendario publicado.
-Publicación de cualificacións: día 8.
-Matrícula de alumando admitido: días 8 e 9.
Admisión de matrículas vivas e chamamentos de listas de agarda.
-Unha vez tratadas nos órganos pertinentes, se resolverán as solicitudes de matrícula viva e se procederá a avisar ao alumnado admitido o día 13 de setembro.
-Procederase a facer chamamento de alumnado de listas de agarda, o día 13 de setembro.
-A matrícula para este alumnado admitido, deberán ser formalizada nos días 13 e 14.
Acto público de elección de prazas vacantes de 1º de grao elemental.
-O alumnado que non acadara praza na especialidade pola tivera optado no mes de xuño, e non resultase chamado pola lista de agarda, poderá optar ás prazas vacantes de novo acceso a 1º de grao elemental que resten, noutras especialidades. A elección dunha destas prazas implica a renuncia automática á posición na lista de agarda na especialidade pola que optara en xuño. O acto realizarase o día 14, ás 20:30 horas no auditorio do centro.
-A matrícula deste alumnado admitido deberá ser formalizada o día 15.
Listas provisionais e definitivas de alumnado
Publicación de listas provisionais e peticións de cambio de grupo.
- Día 12 a partir das 19 horas. Grupos non instrumentais dos graos elemental e profesional: linguaxe musical, educación auditiva e vocal, harmonía, análise, historia da música, novas tecnoloxías, materias de itinerarios. Prazo para peticións de cambio de grupo: do día 12, ata as 15 horas do día 14. As peticións de cambio de grupo deberán presentarse por escrito segundo a instancia modelo que se pode recoller no centro, aportando as xustificacións e documentación que proceda.
- Día 15, a partir das 17 horas, publicación das agrupacións de bandas, orquestras, coros e ensembles.
- Día 16, a partir das 17 horas, publicación dos grupos provisionais de conxunto e música de cámara. Prazo para petición de cambios de grupo, días 16 e 19.
Publicación de listas definitivas.
-Día 16, a partir das 19 horas. Grupos non instrumentais dos graos elemental e profesional: linguaxe musical, educación auditiva e vocal, harmonía, análise, historia da música, novas tecnoloxías, materias de itinerarios.
-Día 16, a partir das 19 horas, publicación da distribución do alumnado nas materias instrumentais de ráteo 1/1 e colectivas instrumentais no seu caso.
-Día 19, a partir das 19 horas, publicación dos grupos definitivos de conxunto, música de cámara.
Presentacións.
Publicación de horarios para as presentacións.
Publicación de horarios para as presentacións das clases instrumentais individuais e colectivas no seu caso: día 16, a partir das 19 horas.
Horarios das presentacións.
- Materias de orquestra, banda, coro e ensembles, o día 16 a partir das 19:30 horas.
- Materias das clases instrumentais individuais e colectivas no seu caso, para o grao elemental, o día 19, de 17 a 19 horas segundo o horario por cursos que se teña publicado o día 16.
-Materias das clases de conxunto de piano, o día 19 de 20 a 22 horas.
-Materias de conxunto (agás piano) e música de cámara, o día 20, de 17 a 19 horas.
- Materias das clases instrumentais individuais e colectivas no seu caso, para o grao profesional, o día 20, de 19:30 a 21:30 horas, segundo o horario por cursos que se teña publicado o día 16.
- Materias de piano complementario e repentización: o día 20, de 21:30 a 22 horas.
- As presentacións das materias colectivas non instrumentais, realizaranse na primeira clase ordinaria.
Nota Importante: Para a elección dos horarios seguiranse o criterios de prelación que se teñen aprobado e publicado. O alumando que non acoda as presentacións decaera no dereito de prelación que lle correspondese para elixir horario segundo o seu curso e idade. O alumnado pode ser representado para este acto por calquera titor ou persoa relacionada que asuma a representación.
Acto de acollida ao novo alumnado do centro.
Para dar a coñecer o funcionamento do centro ao alumnado de novo acceso e aos seus titores, realizarase unha exposición pública explicativa das características e normas de funcionamento do centro, así como dos aspectos xerais das ensinanzas regradas de música. Os asistentes poderán dirixir as preguntas que estimen. O acto realizarase o día 19, ás 19 horas no Auditorio do Conservatorio.
Inicio das actividades lectivas regulares: día 21 de setembro
Acto de acollida ao novo alumnado do centro.
Para dar a coñecer o funcionamento do centro ao alumnado de novo acceso e aos seus titores, realizarase unha exposición pública explicativa das características e normas de funcionamento do centro, así como dos aspectos xerais das ensinanzas regradas de música. Os asistentes poderán dirixir as preguntas que estimen. O acto realizarase o día 19, ás 19 horas no Auditorio do Conservatorio.
PUBLICACIÓN DE LISTAS DEFINITIVAS
VENRES 16 DE SETEMBRO
XA ESTAN EXPOSTAS NOS TABOLEIROS DO CENTRO AS LISTAS DEFINITIVAS DE CLASE. OS HORARIOS DEFINITIVOS DOS GRUPOS PARA ESTE NOVO CURSO SON OS SEGUINTES:
HORARIOS CURSO 2011/2012 (326)