Revista Quiroguiana
ene 2011 18

III Seminario de Percusión de novembro de 2010 a marzo de 2011 impartido por Carlos Bastón.

 

Carlos Bastón:

 

Endorser de pratos Dream Cymbals e baterías California.
Formou parte do sexteto “7 día” e do “Roberto Somoza Cuarteto” e desempeñouse como Músico en orquestras de baile e Músico de estudo. Ao longo da súa carreira tivo colaboracións e xiras con músicos como: Joran, Anxo Israel, Los Drugos, To Nowhere,  Champurrada, Carmen Dor, SEM bigband, Catro jazz, Marcos Pin Trío, Cromlech, Roberto Somoza, David Civera, Decai, Dani Mata, Calle París, Melendi, Manuel Carrasco, Jorge González, La Madre del Topo cuarteto, gravando o seu segundo disco Tempos de Cambio.
Ademais formou parte da Orquestra da Televisión de Galicia (TVG), gravando tamén o seu único disco “10 Aniversario da Orquestra da Televisión”, así como as baterias no ultimo disco de Pepe Vaamonde Grupo.
No terreo jazzístico actuou con diversas formacións en eventos como os Festivais de Jazz de Vigo, Coimbra, Barcelona e Lugo.  Tamén impartiu seminarios co sexteto 7 dia sobre a historia do jazz e o papel da batería dentro do xénero.
Na actualidade compaxina a súa carreira como intérprete co labor docente como Profesor de batería particular e nas escolas como A Tempo, Centro de Desenvolvemento Musical, Litium Records e Elite Música.
Boletín de inscripción: Curso de Percusión (95)