Concerto de Violín, Trompa, Clarinete e Piano
O vindeiro 20 de novembro terá lugar un concerto a cargo de Sergio Heredia- Violín, Pablo Diago-Piano, Adolfo Garcés-Clarinete e Roberto Pedró-Trompa
ADOLFO GARCÈS SAURI, clarinete
Nace en Madrid en 1979 no seo dunha familia con gran tradición musical, a temprana idade comezou estudar clarinete con seu pai e, posteriormente, de xeito oficial no Conservatorio. Ao rematar o Grao medio obtivo o Título de Profesor sendo merecedor ao “Premio de Honra” nas especialidades de Clarinete e Música de Cámara. Despois finaliza o Grao Superior de Clarinete no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid coas máximas cualificacións.
Estudou cos seguintes mestres: Adolfo Garcés Compans, Anthoni Gigliotti, Iván Marín, José Canet, José Tomás, Máximo Muñoz, Miguel Espejo, Pascual Vicente Martínez, Vicente Peñarrocha e Yehuda Gilad.
Colaborou con diferentes orquestras, tales coma: Orquesta Sinfónica de Estudiantes de la Comunidad de Madrid, Joven Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, Orquesta Sinfónica del Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, Orquesta de Cámara Carlos III e Orquesta Sinfónica de Madrid; baixo a dirección de prestixiosos directores, tales coma: Ernest Martínez Izquierdo, James Rudel, Luis Antonio García Navarro, Krystztof Penderecki, Pedro Halfter, Pierre Augin, Miguel Ángel Gómez Martínez, Kevin Rhodes, Roberto Tolomelli. Antonio Allemandi, Gunther Neuhold, Frans Bruggen e Juan José Mena.
Na actualidade é profesor de clarinete no Conservatorio Profesional de Música de Majadahonda, ademáis de titular do Trío Max Bruch e do Cuarteto Manuel de Falla.
Roberto Peydró Mellado, trompa
Naceu en Madrid en 1984 e no ano 1995 iniciú os seus estudos no Conservatorio Profesional de Majadahonda, centro no que cursou os graos elemental e medio a cargo de Juan Boronat. Neste centro foi invitado en dous ocasións para interpretar como solista obras para trompa e orquestra obtendo excelentes cualificacións ao rematar grao medio. Despóis cursa o grao superior no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Elies Moncholí obtendo altas cualificacións.
Asistiu a numerosos cursos de perfeccionamento instrumental e orquestral a cargo de Eric Terwilliger, Hermann Baumann, Francisco Burguera, Juan Boronat, Fernando Puig, Manuel Gran e Radovan Vlatcovic.
De xeito paralelo á formación foi membro de varias orquestras, entre elas a Joven Orquesta Juan Crisóstomo de Arriaga de Majadahonda, orquestra titular do auditorio Alfredo Kraus, formación coa que tocou no Auditorio Nacional, o Festival Internacional de Orquestas Jovenes de Murcia, no Cupra Musica Festival (Italia) coma xove orquesrta invitada, en Clamart (París), Suresnes ademáis doutras moitas cidades españolas con solistas da talla de Josep Colom, Mª Rosa Calvo Manzano, Paul Friedhoff, Arpad Bodó, Mariusz Patyra entre outros. Asemade Roberto Peydró tamén tocou como solista coa orquestra do F.I.O.J de Murcia. Tamén formou parte da Joven Orquesta de la Comunidad de Madrid, a Orquesta Del Teatro Lírico, a Orquesta Académica de Madrid e a Orquestra Escola da Sinfónica de Madrid. Ten grabado varios discos entre os que destacan a sinfonía en Re de J. C. Arriaga e unha serenata de Boccherini.
Entre os directores cos que ten tocado destacan Rainer Steubing Negenborn, Ignacio Yepes, Teresa Hernández, Jean Maumenè e Dante Milozzi.
Sergio Heredia Cegarra, violín
Nado en Cartagena en 1977 cursa grao elemental e medio de violín coa profesora Unnur Palsdottir nos Conservatorios de Cartagena e Murcia. Trasládase a San Petersburgo ( Rusia) coa prestixiosa pedagoga Tatiana Liberova á Escola N.11 “Vasilievsky Ostrov” da devandita cidade para continuar coa mesma profesora na Lahden Muusikkiopisto de Lahti ( Finlandia). Cursa o grao superior no Conservatorio de Oviedo con Yuri Nasushkin en violín e Tsiala Kvernadze en música de cámara. Continúa despois a súa formación con Andrey Chesteglazov (Orquesta Nacional de España) en Madrid. Recibiu clases maxistrais de violinistas como Hector Corpus (Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias), Amaiak Durgarian (Virtuosos de Moscova), Jaap Schröder, Arcadi Futer ( Virtuosos de Moscova), Nina Berlina (Mannes College de Nova York), Alexander Melnikov (Conservatorio Chaykovsky de Moscova), Alexei Bruni (Orquesta Nacional Rusa), Sergey Girshenko ( Filarmónica de San Petersburgo), Massimo Spadano, Yoko Takebe e Michael Gilbert (New York Philarmonic) entre outros. En 2003 consigue por concurso-oposición praza de profesor de violín da Xunta de Galicia. De 2005 a 2008 imparte estudos superiores de violín e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Foi profesor de violín nos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vigo, ademáis do Conservatorio Elemental de Cambados en 2006-07. Ofreceu numerosos recitais con piano e diversas formacións camerísticas. Colaborou con orquestras como a Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica Ciudad de Oviedo entre outras. En novembro de 2007 actúa coma solista coa obra “Piazzoltango” (2005) para violín e orquestra de vento de Néstor Alderete no Pazo da Cultura de Pontevedra coa Banda Municipal da devandita cidade baixo a dirección de Javier Viceiro.
Pablo Diago Busto, piano
Nace na Coruña en 1980. No Conservatorio da súa cidade nadal cursa os seus estudos de Piano obtendo as mellores cualificacións. Dende os 12 anos, é discípulo do prestixioso mestre e concertista Manuel Carra, asistindo regularmente en Madrid a clases de perfeccionamento de técnica e capacidade interpretativa baixo a dirección do mesmo. Ten realizado recitais e concertos en varias cidades españolas e máis europeas coma A Coruña, Pontevedra, Madrid, Valladolid, Hamburgo (Alemaña) ou O Algarve (Portugal). Ten conseguido distintas distincións, entre as que destacan: – Finalista en numerosos Concursos de Piano Nacionais en distintas categorías. – Primeiro Premio e Premio especial á Musicalidade no Concurso de Piano “Marisa Montiel” (Linares,1993) – Primeiro Premio no Concurso Nacional de Piano “Infanta Cristina” e Premio Especial “Steinway & Sons” (Madrid, 1994) polo cal participa no Festival Internacional “Steinway” de Hamburgo, representando a España na súa categoría. – Graba un C.D. trala súa participación no Certamen Internacional de Piano “Omega 94″ -Faro- (Portugal). – Graba un recital de Piano para o programa “Jóvenes Intérpretes” (1995) – Participa en numerosos cursos de prefeccionamento nacionais e internacionais, como “Música en Compostela” (agosto de 1998 e 1999), “The International Holland Music Sessions” en Bergen (xullo e agosto de 2000) e “Taller de Piano de San Lorenzo del Escorial (agosto de 2001), con prestixiosos mestres coma Manuel Carra, Antonio Iglesias, Jan Marisse Huizing e Lee Kum Sing. – En 1999 obten o Premio “Joaquín Rodrigo” de “Música en Compostela”. – Terceiro Premio no Concurso de Piano “Marisa Montiel” na categoría xuvenil (Linares,2000) – En xuño de 2001 obten a titulación de Profesor Superior de Piano. – Primeiro Premio no V ciclo de “Jóvenes Intérpretes” que organiza la Fundación “Pedro Barrié de la Maza” obtendo unha beca para amplar a súa formación durante 2 anos ( A Coruña, 2001) – Desde 2001 ata 2003 cursa estudos de Postgrado no Conservatorio de Amsterdam, asistindo a clases de piano co mestre Jan Marisse Huizing. – En decembro de 2002 actúa como solista coa Orquesta Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera da Coruña, a súa cidade nadal, tras ser seleccionado xunto con outros dous becarios pola Fundación “Pedro Barrié de la Maza”. – Ten realizado recitais en cidades holandesas como Bergen e Amsterdam. – En xuño de 2003 obten o título de Postgraduado de Piano no Conservatorio de Amsterdam, obtendo a máxima cualificación. Desde a súa volta a España, participa en ciclos como: – “Jueves Musicales”, no Auditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música de Vigo, actuando como solista. – “Are More”, actuando como solista, xunto a outros xoves pianistas e compañeiros no ciclo “Integral das Sonatas para Piano de W. A. Mozart”. – “Ciclo Xeración”, formando dúo de piano coa súa compañeira e prestixiosa concertista Rasa Biveiniene. Ao mesmo tempo, actúa como Pianista Acompañante e como solista en distintos lugares da xeografía galega. Actualmente, combina a súa actividade concertística coa docente, exercendo como Profesor de Piano e Pianista Acompañante no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
Programa
• Trío op. 40 para piano, violín e trompa….Johannes Brahms
- Andante
- Scherzo: allegro
- Adagio mesto
- Finale: allegro con brio
• Suite para violín, clarinete e piano……….. Darius Milhaud
- Ouverture: vif et gai
- Divertissement: animé
- Jeu: vif
- Introduction et final: moderé – vif


Como Director do Conservatorio Profesional de …