Acto de apertura do curso 2009/10
O vindeiro 8 de outubro ás 20h. terá lugar un acto co que queremos inaugurar o curso escolar 2009/10 no que actuará o Grupo de Metais Santa Cecilia. O acto estará aberto a toda a comunidade escolar.
GRUPO DE METAIS SANTA CECILIA
- O Grupo de Metais Santa Cecilia Cidade de Ferrol está integrado por cinco músicos de diferentes agrupacións instrumentais e Conservatorios de Galicia.
- O Grupo baséase na formación típica de quinteto de vento metal, isto é dúas trompetas, trombón, trompa e tuba. Esta formación, en función das necesidades do programa, é flexible e pode adoptar outras combinacións.
- O principal obxectivo do Grupo é atopar a traverso da experiencia as máis variadas posibilidades expresivas dos instrumentos que o forman.
- Desde a súa fundación no ano 1980, o Grupo de Metais Santa Cecilia actuou nas principais cidades de Galicia, dentro dos ciclos musicais organizados pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de A Coruña.
- No campo didáctico desde o ano 1985 organiza os “Cursos de Música Instrumental Cidade de Ferrol” e baixo o patrocinio de Caixa Galicica iniciou un ciclo dirixido a alumnos/as de EXB, BUP, FP e Conservatorios.
- Para este Grupo compuxeron música entre outros os compositores galegos: Xoán Viaño e Juan Durán.
- Tamén estreou en Galicia a obra de Henry Purcell, “Funeral Music of Queen Mary” xunto ó Coro Universitario de Compostela.
- En 1993 participou no Ciclo de Concertos “Música na Cidade” organizado polo Concello de A Coruña.
- Realizou gravacións para a TVG, Radio Nacional en Galicia (Radio 4) e Radio Nacional de España en Madrid (Radio 2).
- Ten estreado obras de compositores galegos no Ciclo de Concertos organizados pola Asociación Galega de Compositores en A Coruña.
- Así mesmo realizou un Ciclo de Concertos nas principais cidades de Galicia patrocinado pola Fundación Caixa Galicia cun programa adicado integramente á música de W. A. Mozart con motivo do Bicentenario da súa morte.
- Desde 1995 o Grupo de Metais Santa Cecilia participa asiduamente no ciclo de concertos pertencentes á “Semana de Música Sacra” de Ourense.
- En marzo de 1996, o Grupo de Metais Santa Cecilia estreou no Auditorio de Galicia, a partitura do compositor Tomás Marco, “Detrás de los árboles”, obra de encargo para unha exposición do pintor Rafael de Úbeda.
- No inverno de 1997 realizaron unha xira polas principais cidades de Galicia presentando un concerto de música contemporánea dentro do Ciclo organizado por Caixa Galicia denominado “A música no século XX”.
- Desde o ano 1999 ata a actualidade esta agrupación participa na Gala de Entrega de Premios de Teatro María Casares.
- Así mesmo realizaron concertos didácticos dentro da “Decena da Música” de Ferrol, en colaboración con Fernando Argenta e Araceli González Campa, presentadores do famoso programa “Clásicos Populares”, de Radio Nacional de España e o Conciertazo de TVE.
- En varias ocasións ten ofrecido concertos para a Universidade de A Coruña, destacando entre outros o concerto de “Música de Compositores Galegos” ofrecido con motivo do día das Letras Galegas en Maio de 1999.
- O 28 de Xaneiro de ano 2000 O Grupo de Metais Santa Cecilia ofreceu un concerto na Universidade de A Coruña con motivo do acto de entrega da medalla de ouro da Universidade ó Concello de Ferrol.
- Desde 1985 esta agrupación organiza os “Cursos de Música Instrumental Cidade de Ferrol” de ámbito internacional, nos que participan profesores da Orquesta Nacional de España, Nacional de Francia, Virtuosos de Moscú, German Brass, Canadian Brass, Luur Metalls, Brass Madrid, etc.
COMPOÑENTES:
MIGUEL BREA SEOANE…………………………..TROMPETA
ROBERTO VERDE PRIETO……………………….TROMPETA
MIGUEL BROTÓNS PÉREZ. …………………….TROMPA
ROBERTO RODRÍGUEZ FAGÚNDEZ……….TROMBÓN
RAÚL GALÁN CERVERÓ…………………………TUBA
PROGRAMA
RONDEAU………………………………………………………………………..J. J. MOURET
LA REINA DE LA NOCHE………………………………………………W. A. WOZART
NEGRA SOMBRA………………………………………………………………… J. MONTES
DANZA RITUAL DEL FUEGO……………………………………………….. M. FALLA
LIBERTANGO………………………………………..………….….. A. PIAZZOLA
EL RELICARIO ………………………………………………………..J. PADILLA
MANHA DE CARNAVAL…………………………………………..…. L. BONFÁ


Como Director do Conservatorio Profesional de …