Recital Piano e Cello.

7 de maio ás 20:30 h. Auditorio do Conservatorio “Manuel Quiroga”

 Sergio Gómez, Violonchelo e Alfonso Alegre, Piano

 

img_1153_resizeSergio Gómez. Nace en Bilbao, finaliza os estudos superiores de violoncello coa profesora Elisa Pascu, e música de cámara con Nicolae Duca. Bolseiro pola Deputación Foral de Biscaia e a AIE estuda posteriormente en Alemaña durante cinco anos na Musikhochshule de Essen co profesor Alexander Huelshoff e un ano de posgrao na Franz Lizst Music Academy de Budapest co profesor Georgy Deri. Asistiu a varios cursos de perfeccionamento por toda Europa. Foi membro da Xoven Orquestra de Euskal-Herria e da Xoven Orquestra Alemá. Colaborou con diversas orquestras profesionais, como a Sinfónica de Bilbao, Filharmónica de Galicia, Filharmónica de Málaga, Rhenische Philharmonie de Koblenz e a Duisburger Sinfoniker.

 

Alfonso Alegre. Termina os seus estudos superiores de piano no Conservatorio Superior de Badaxoz baixo a tutela do profesor Alexander Kandelaki. No ano 2006 ingresa na Academia Ferenc Liszt de Budapest e durante os anos 2007-2009 é bolseiro polo Ministerio de Asuntos Exteriores en colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional para realizar estudos de posgrao coa profesora Rita Wagner. Realizou cursos de perfeccionamento e masterclass cos profesores Claudio Martinez Mehner, Mariana Gurkova, Almudena Cano, Andrej Jasinski, Dominique Weber, Julian Martin, Robert Mcdonald y Blanca Uribe entre outros. Ofreceu recitais en gran parte da xeografía española e Budapest. Participando durante tres anos no ciclo de concertos “Noches de San Francisco en Bejar”, no ciclo de Xóvenes Intérpretes da Sociedade Filharmónica de Badaxoz, VIII Festival Internacional de Piano de Xixón, entre outros.

 

Programa

PRIMERA PARTE

J.S.BACH

Sonata para cello y piano BWV 1027 Sol M

J.BRAHMS

Sonata para cello y piano Op. 38 Mi m

 

SEGUNDA PARTE

D. SHOSTAKOVICH

Tres piezas:

-Die mechanische Puppe. Allegretto

-Drehorgel. Allegro ma non tropo

-Trauriges lied. Moderato

L.V.BEETHOVEN.

Sonata para cello y piano Op. 102 n. 2 Re M

Esta nova foi enviada o o Lunes, Mayo 4th, 2009 e está na categoría Arquivo .

Deixa un comentario

Consellería de Educación e Ordenación UniversitariaAcceso á Secretaría Virtual

Saudos do Director

Como Director do Conservatorio Profesional de …

Diciembre 18, 2008 | Ler

Enquisa

Qué pensas da web

Resultados

Loading ... Loading ...

Subscripción aos Boletíns de Novas

G-Lock opt-in manager for bulk email software.

Login