Concerto do Trio Kulmann
Xoves 30 de abril no auditorio do Conservatorio Profesional Manuel Quiroga ás 20:30h.

TRÍO KULMANN
Marta Sancho (Clarinete)
Javier Escobar (Viola)
Carmen Carreiras (Piano)
Fundado en setembro de 2005, toma o seu nome de Elisabeth Kulmann, unha nova poetisa alemana falecida aos 17 anos, apreciada por Goethe e Jean-Paul e que inspirou os sete lieder op. 104 de Schumann.
Concertos:
- 31 de marzo de 2006 no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Lugo .
- 5 de Abril de 2006 no Auditorio David Russell doConservatorio Profesional de música de Vigo dentro do “Festival de Primavera”.
- 22 de Abril de 2006 no “I Ciclo de Música Catalana-Iberoamericana” na Sala Excelsior de Alcover (Tarragona).
- 4 de Novembro de 2006 dentro do “II Ciclo de Concertos Didácticos: A Música de salón”do Aula de Música da Universidade de A Coruña no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol.
- 3 de Decembro de 2006 no ciclo do “VIII Ciclo de Concertos de Outono” no Museo de Belas Artes de A Coruña.
- 19 de Agosto de 2007 dentro do “II Encontro de Música Iberoamericana para Xóvenes Intérpretes” na Igresia de Prades (Tarragona).
- 19 de Outubro de 2008 dentro do “III Encontro de Música Iberoamericana para Xóvenes Intérpretes” no Auditorio “Pare A. Soler” de Vila-seca (Tarragona).
O seu traballo céntrase en dar a coñecer un repertorio tan descoñecido como interesante para a formación de viola, clarinete e piano.
O trío formado por estes instrumentos non é unha formación camerística habitual, principalmente porque o repertorio dedicado a él non é moi amplio, posto que os compositores do clasicismo e do romanticismo xeralmente coñeceron o clarinete moi tarde pola “xuventude” e constante desenvolvemnto deste.
É por isto que o TRÍO KULMANN propón unha viaxe apaixoante a través da sonoridade destes tres instrumentos e dos compositores que ofreceron a sua incomparable creatividade para eles.
MARTA SANCHO ANDRÉS (CLARINETE)
Teruel 1976. Licenciada en Administración e Dirección de Empresas, estudia Grao Medio de música no Instituto Musical Turolense, finalizando con Premio Extraordinario de clarinete e música de cámara, da man de Vicente Carot. Posteriormente, remata o Grao Superior en Zaragoza en 1999 con Emilio Ferrando e Alicia Lluquet. A partir de entón, e durante catro anos, continuou estudando con Javier Balaguer (solista da Orquestra Nacional de España).
Asiste a cursos de perfeccionamento en España con clarinetistas como José Tomás, Vicente Peñarrocha, Vladimir Ferapontov, Justo Sanz, Silvie Hue, Jose Luis Estellés, Juan Ferrer, Carlos Gálvez (clarinete baixo), e en Austria cos membros do cuarteto Vienna Clarinet Connection, entre outros.
Tamén asiste a cursos de dirección orquestral con Luis Sanjaime Meseguer, Cristóbal Soler Almudéver e Ferrer Ferrán.
Dende 1996 ata 1998 formou parte da Banda Sinfónica de Aragón.
Na actualidade é profesora do Conservatorio Profesional de Música de Vigo, e compaxina a súa actividade docente coa pertenza ó Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Javier Escobar (VIOLA)
Vigo 1968. Realiza os sus estudos de viola e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo con Manuel Martínez, obtendo as máximas calificacións. Posteriormente amplía ditos estudos con David Quiggle, e recibe clases maxistrais de Jesse Levine, Ludwig Hampe e Françoise Gneri. Foi viola principal e solista da Orquestra Clásica de Vigo e formou parte da “Joven Orquesta Nacional de España”. Colaborou ademáis coa Real Filarmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia. Actualmente forma parte do Cuarteto Ephimere e do Ensemble Vigo 430, do que é fundador. É tamén profesor de viola do Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
CARMEN CARREIRAS PITA (Piano)
Vilalba 1975. Comeza os seus estudos musicais co profesor A. Fdez. Chao. Posteriormente desplázase ó Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela obtendo o Título Superior de Piano cos profesores N. Gradaille e R. Castromil e o Título Superior de Música de Cámara co profesor checo D. Sebestik. Realiza estudos de postgrao de piano na Aula Superior de Piano do Conservatorio de Música de Vila-seca (Tarragona) co pianista cubano Cecilio Tieles e obtén tamén o Título Superior de Solfeo no Conservatorio Superior de Música Liceo de Barcelona.
Recibe clases de piano de maestros como A. Vega Toscano, L. Stratulat, J. Leygt, M. Carra, A. Cano, J. Achúcarro e A. Gold, así como de Música de Cámara con E. Tieles, O. Semouchina e D. Quiggle.
Ofrece numerosos concertos en Galicia e Cataluña, tanto de solista como en agrupacións camerísticas.
Foi membro directivo de “ASGAIM” (Asociación Galega de Intérpretes de Música Clásica) e forma parte tamén da “Associació Cultural Catalana-Iberoamericana”.
Actualmente é profesora e xefa de departamento de Piano no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
PROGRAMA DE CONCERTO:
1ª Parte
EIGHT PIECES op. 83_______________M. BRUCH
- Andante
- Allegro con moto
- Andante con moto
- Allegro agitato
- Andante
- Andante con moto
- Allegro vivace
- Moderato
2ª Parte
B-A___________G. RODRÍGUEZ (Estrea en Galicia)
TRÍO en LaM op. 264___________C. REINECKE
- Moderato
- INTERMEZZO. Moderato.
- LEGEND. Moderato.
- FINALE. Allegro moderato.


Como Director do Conservatorio Profesional de …
Deixa un comentario