Saudos do Director

Como Director do Conservatorio Profesional de música Manuel Quiroga quero darche a máis sincera e cálida benvida a este sitio web onde se recollen os aspectos fundamentais da estructura , funcionamento e actividade docente do noso centro.

Con case século e medio de historia o Conservatorio de Pontevedra é unha das institucións con maior tradición no ensino da música en Galicia. Inspirados pola figura de Manuel Quiroga, galego universal que co seu arte e o seu violín percorreu as salas de concerto mais prestixiosas de todo o mundo, iniciamos no ano 2004 unha nova andaina chea de ilusións e novos proxectos. Neste sentido, este espazo virtual é unha nova mostra do esforzo constante de renovación pedagóxica e de mellora na calidade do ensino, tentando achegar a importante actividade que se desenvolve no noso centro a todos vos.

Por este motivo na nosa web poderedes atopar información de interese non só para os membros da nosa comunidade escolar (pais/nais, alumnos,…) senón para todos aqueles interesados nas ensinanzas de música, nas características do noso centro e/ou nas diversas actividades culturais (cursos, concertos, ciclos monográficos, etc.) que periodicamente se ofrecen. Así mesmo queremos proporcionar unha canle de comunicación a través da cal poidades transmitirnos as vosas dúbidas e suxestións.

Sen esquecer a nosa historia, o novo Conservatorio Manuel Quiroga quere acadar novas metas na docencia musical e na formación dos nosos alumnos e constituír un referente na eido da cultura musical galega. Co noso esforzo, coñecemento e ilusión e coa axuda de ferramentas coma esta páxina web estou convencido que será posible.

Gracias polo vosa confianza

O Director

Esta nova foi enviada o o Jueves, Diciembre 18th, 2008 e está na categoría Dirección .

Consellería de Educación e Ordenación UniversitariaAcceso á Secretaría Virtual

Saudos do Director

Como Director do Conservatorio Profesional de …

Diciembre 18, 2008 | Ler

Enquisa

Qué pensas da web

Resultados

Loading ... Loading ...

Subscripción aos Boletíns de Novas

G-Lock opt-in manager for bulk email software.

Login